|
CECILIO BEDIA CABALLERÍA, UN MILITAR EXEMPLAR por Carlos Nuevo Cal |
|
P
Ó R T I C O. Moitos teñen sido os militares viveireses destacados ao longo do tempo.Entre outros, poderíamos falar dalgúns xa falecidos como o almirante Chicarro, o comandante Florencio Pla Sampedro, o xeneral Inspector de Sanidade da Armada Gabriel Rebellón Zubiri, o tenente coronel Manuel Insua Santos, o coronel Bermúdez de Castro, ou o xeneral auditor da Armada Jesús Cora Lira. Mais non pretendemos facer, en absoluto, nengunha “galeiría” de celebridades en clave militarista, custión ista que deixamos para a crónica local. Únicamente, desexamos recuperar do esquecimento e do silencio oficial a figura cívica do xeneral Cecilio de Bedia Caballería, un viveirés do que se cumpriu o pasado 18 de maio, o cincuenta aniversario da súa morte no exilio arxentino, en 1953. Certamente, a personalidade de Cecilio de Bedia, pese a súa notable importancia histórico-militar, segue permanecendo no máis grande anonimato. Con excepción de Alberto Vilanova Rodríguez, que lle adicou un interesante estudo biográfico na súa obra “Los gallegos en la Argentina”, editado en Buenos Aires(1966), as demáis referencias a Bedia, sempre da mán de Carlos Fernández Santander(1 ), non complementaron, nen superaron a Vilanova, algo, polo demáis nada sorpresivo, por parte dun escritor que, como Fernández Santander, sabe “beber”de vello exclusivamente nas fontes dos demáis, sen aportar a penas nada de sí propio. 1.
ASCENDENCIA FAMILIAR. As raigames familiares dos proxenitores de Cecilio Bedia temos que buscalas por parte paterna en terras asturianas, pois o seu avó, D. Isidoro Bedia, era natural da parroquia de Salave en Tapia, mentres que a súa aboa, María Rosa de Cora, proviña de San Vicente de Lagoa, en Alfoz. O fillo de ambos os dous e pai de Cecilio, Urbano Bedia Cora, nacera en Castropol, trasladándose a Viveiro de mozo, por mor dos negocios de D. Isidoro. Por parte materna, o noso protagonista descendía tamén dunha familia acomodada da localidade viveiresa. O núcleo familiar estaba formado polos avós de Cecilio, Antonio de Caballería que era orixinario de Lugo; a súa dona Josefa Rey Parga, natural de Santa María de Mogor, en Mañón, e catro fillos: Andrés, Nicolás, Antonia(nai de Cecilio) e Guadalupe. Ademáis, sabemos que en abril de 1846, vivían tamén cos Caballería Rey, a súa sobrina María Josefa e a cuñada Antonia Rey, que xa enviuvara. 2.
NACEMENTO E XUVENTUDE DE CECILIO BEDIA. Urbano Bedia Cora casou con Antonia Caballería Rey na igrexa parroquial de San Francisco de Viveiro, o día 13 de xuño de 1864, pasando a vivir dende o primeiro momento en compaña da nai da noiva, Josefa Rey Parga, quen residía na casa número seis, da rúa de Pardiñas. Josefa Rey viña de pasar unha etapa difícil, xa que ademáis de enviuvar en 1853, a penas un ano máis tarde tamén perdería a súa filla menor, Guadalupe, quen finou o día 13 de abril de 1854. Anos despois casarían os seus fillos Andrés e Nicolás, marchando da localidade, motivos que, sen dúbida, condicionarían a posterior residencia do novo matrimonio no fogar materno. Os Bedia Caballería tiveron a súa primeira filla, o 18 de maio de 1866, mais a meniña naceu morta, como nos confirma o Libro 3º de Defuncións(1852-67), da Parroquia de Santiago de Viveiro: “(...) nació muerta una niña que antes había bautizado en debida forma el médico D. José María Ponte por medio de un instrumento usado a dho. fin; y en el mismo dia se dio sepultura eclesiástica a su cadáver en el cementerio de esa parroquia; previo oficio y Misa correspondiente.” A frustración inicial que produxo a morte da primeira filla, superouse co alumeamento, case dous anos máis tarde, de Cecilio Fernando Ramón Bedia Caballería, que naceu ás oito da mañán do día 22 de novembro de 1868. Foi bautizado “sub condicione” ao día seguinte, na Igrexa parroquial de Santiago-San Francisco, polo crego párroco Manuel Rouco. No momento do nacimento xa fora bautizado de “necesidad”, ante o risco de morte, polo ciruxán de Faro-Area Ramón García, quen asistira a súa nai durante o parto. Despois de Cecilio, aínda nacerían outras duas irmáns, María Josefa Francisca, o 12 de marzo de 1871, e Antonia María Magdalena, o 27 de maio de 1873, coas que teríamos ao completo o grupo familiar.
A familia Bedia Caballería disfrutaba dunha posición económica desfogada, froito das rendas e propiedades das que dispuñan. Ademáis, Urbano Bedia Cora viña traballando, xa antes de casar, como encarregado xeral da industria do seu pai D. Isidoro, propietario da Ferreiría de Muras, logo de mercarlle, en 1858, a súa parte ao tamén socio comanditario, o comerciante ribadense Ramón Miranda. Debido aos negocios do seu proxenitor, a familia Bedia vivirá tanto en Viveiro como na parroquia de Santa María do Burgo, en Muras, onde Urbano Bedia chegou a desempeñar a alcaldía, en 1870. Durante istes anos, Bedia Cora diversificou os seus negocios, convertíndose tamén en fomentador de pesca, algo común por aquelas datas entre os burgueses e fidalgos viveireses. As crecentes ocupacións mercantís e políticas de Urbano Bedia, obrigábanno a delegar frecuentemente no seu cuñado, Andrés de la Caballería Rey, prestixioso abogado que residía en Ribadeo, onde destacaba xunto con Moreno Barcia, como dirixente do republicanismo local e fundador do periódico democrático republicano, “El Ciudadano”. Andrés Caballería era tamén o administrador dos bens e propiedades que tiña en Ribadeo a súa irmán Antonia, como podemos comprobar a través do seguinte poder, protocolizado ante o escribano viveirés Antonio Pernas Martínez, datado en xuño de 1872 : “(...)Doña Antonia Caballería con asistencia e intervención de su marido D. Urbano de Bedia y Cora... Da poder a su hermano Dn. Andrés de la Caballería y Rey, Abogado y vecino de la Villa de Ribadeo para que administre, cuide y gobierne todos sus bienes allí”. Mentres, o xove Cecilio Bedia comezaba os seus primeiros estudos, que continuaría coa realización do bacharelato en Lugo. Unha vez rematado iste, comezou o preparatorio para o ingreso na Academia de Artillería de Segovia. Tense apuntado a posibilidade de que Cecilio Bedia fixera o preparatorio no denominado Colegio Militar Preparatorio, da capital luguesa, que estivo radicado no antigo Cuartel das Mercedes, pero debemos clarexar que non puido ser así, debido a que o devandito Colexio non se inaugurou até o 15 de novembro de 1889, mentres que Cecilio comezou a súa carreira militar tres anos antes. O máis normal sería que o noso protagonista se preparase con algún profesor militar dos varios que daban clases particulares en Lugo ou mesmo, ocasionalmente, en Viveiro, como podemos comprobar a través da seguinte cita de El Vivariense, correspondente ao 22 de setembro de 1895: “El 1º de Octubre próximo abrirá sus clases al público la Academia especial de preparación para carreras militares dirigida por D. Justino Pérez Peña, profesor del suprimido colegio militar de Lugo, y D. Julián Barrió y Lías, oficiales ambos del 5º Regimiento Montado de Artillería de guarnación en aquella capital. Se cursan también las asignaturas de Francés y Dibujo y para más detalles pueden dirigirse, el que lo desee, á uno de dichos oficiales”. 3.UNHA
DESTACADA CARREIRA MILITAR. 3.1. CECILIO BEDIA, MILITAR DURANTE A RESTAURACIÓN.(1886-1923)
A carreira militar de Cecilio Bedia Caballería, comezou aos dazaseis anos, co ingreso a principios de febreiro de 1886, na Academia Militar de Artillería de Segovia, sendo promovido ao emprego de Alférez alumno da mesma arma o día 7 de maio de 1888. Un ano despois, finalizaría os seus estudos militares, obtendo a graduación de primeiro tenente, adscrito provisoriamente ao 8º Batallón da Praza. Logo de disfrutar dun pequeño período vacacional en Viveiro, durante as festas da Pascua, Cecilio Bedia reincorporouse ao exército pasando por distintos destinos en Mahón, Barcelona, Vicálvaro e Madrid-Carabanchel. Mentres tanto o seu pai Urbano Bedia participaba activamente na vida política local e provincial, primeiro dentro do partido liberal e despois nas filas conservadoras, feito que lle custaba as aceiradas críticas dos seus antigos compañeiros, como podemos comprobar a través da seguinte reseña do semanario liberal El Vivariense, correspondente ao 7 de agosto de 1892: “(...) Los conservadores, á su vez, presentan al ex liberal, hoy conservador y mañana, quizá, anarquista... platónico, D. Urbano de Bedia. (...) En efecto,. El Sr. Bedia, hombre político de buena talla, bastante peso y mucha cabeza, aunque ésta nunca ha concebido idea alguna beneficiosa para el país, irá á la Diputación ayudado por la influencia oficial ó llevado exclusivamente por ésta; pero, en el seno de la Corporación no será un representante del Distrito, sinó activo procurador de las conveniencias é intereses conservadores. Porque, eso sí, cuando se trata de intrigas y triquiñuelas políticas no hay actividad comparable con la del presunto diputado para el que, su avanzada edad no es bastante á enfriar entusiasmos propios de un adolescente.” Cecilio Bedia voltou a Galicia, como militar, en 1893, co cometido de encarregarse da recepción de quintos en Coruña, Mondoñedo e Santiago, até a súa reincorporación á guarnición de Vicálvaro, e dende aquí foi destinado ao 5º Reximento montado de Segovia. No mes de agosto de 1894, Bedia Caballería regresou a Lugo coa 4ª batería, permanecendo na capital lucense até o mes de marzo de 1895, alternando distintas xornadas ordinarias entre Mota del Marqués, Lugo e Córdoba. Durante a súa estadía na capital lucense, Cecilio Bedia aproveitaba calquer ocasión para visitar a súa casa viveiresa, como podemos comprobar na seguinte cita de El Eco de Vivero do 29 de setembro de 1895: “Hállase desde el miércoles entre nosotros el joven Teniente de Artillería, D. Cecilio de Bedia, hijo de Vivero. Dámosle afectuosa bienvenida”. Outro tanto facía o seu pai Urbano Bedia, que vivía regularmente en Lugo, pois era o representante do distrito de Vilalba-Viveiro na Deputación e vicepresidente da Comisión provincial. Entre as moitas iniciativas e propostas que apresentou, merece destacarse o estudo-petición realizado en 1895, a prol da construcción dun ferrocarril económico dende Rábade a Viveiro por Vilalba, con bifurcación a Mondoñedo e Ribadeo. Proxecto que, pese a súa aprobación e interese, non chegou a facerse realidade por motivos económicos. O ascenso de Cecilio Bedia a Capitán de Artillería, por antigüidade, prodúxose o 16 de marzo de 1898, nuns momentos certamente difíciles, por mor da Guerra de Cuba, acontecimento no que non participou directamente, pero que sí o obrigou a estar en movilidade case permanente, prestando os seus servicios nas guarnicións de Jaca e Vitoria. Gracias ao semanario local El Eco de Vivero, do 29 de maio de 1898, coñecemos os esforzos do viveirés durante a guerra colonial: “Un telegrama particular que hemos tenido el gusto de leer en esta Redacción, dice que se están desmontando á toda prisa las piezas de artillería que defienden la plaza fuerte de Jaca para enviarlas inmediatamente á Barcelona, estando la dirección de los trabajos á cargo del joven Capitán de Artillería, hijo de Vivero, D. Cecilio de Bedia”. Logo de realizar diversas xornadas ordinarias e marchas prácticas na Coruña, Logroño e Vitoria, Cecilio de Bedia incorporouse ao 13º Reximento montado de Burgos. Nesa cidade casaría en 1902, con Fernanda Alfaro Alfaro e nela residirían durante anos. En Burgos, Cecilio de Bedia fixose cárrego das Academias Reximentales e do cometido de Profesor da Academia de Sarxentos. Catro anos máis tarde, o 5 de decembro de 1906, falecería en Lugo o seu pai, Urbano Bedia Cora quen residía coa súa familia, na casa nº 14 da Rúa de Manuel Becerra, o xornal lugués El Norte de Galicia, recolleu a nova do seu pasamento do seguinte xeito: “Después de corta enfermedad falleció anoche nuestro querido amigo particular el Sr. D.Urbano de Bedia y Cora, persona muy significada en la sociedad de Lugo y en la ciudad de Vivero. Fue una de las figuras más salientes de la política provincial y en ella intervino activamente, y en alguna ocasión con extraordinaria influencia, desde su juventud, desempeñando durante muchos años, hasta hace poco, el cargo de diputado provincial por el distrito Vivero-Villalba. Su muerte ha de ser muy sentida en toda la provincia y especialmente en dicho distrito, pues aunque había nacido en Castropol, pasó casi toda sus vida en Vivero y allí creó una familia y un hogar. Con toda el alma sentimos esta muerte y pedimos á Dios por el eterno descanso del Sr. Bedia, enviando á sus hijos, entre los que se encuentran el bizarro capitán de Artillería D. Cecilio Bedia, y el Sr. Pozzi, hijo político del finado, el más sentido pésame. Augusto Pozzi, un dos homes de negocios máis importantes de Lugo, casara con Josefa Bedia Caballería, mentres que a outra irmán, Mª Antonia Bedia, desposaríase en 1907, co escribano de Cervo, Ramón Díaz Ponte, tío dos irmáns Villar Ponte. O ascenso de Cecilio Bedia a comandante, produciuse o 23 de maio de 1911, motivo polo que cesou na comisión de vocal no tribunal de exámenes dos sarxentos para o ascenso a oficiais, ocupándose da Comandancia de Artillería de Menorca, á que se incorporou en Mahón, desempeñando distintos destinos como comandante maior.
Co estalido da Gran Guerra de 1914, os gobernantes españois, que eran conscientes do atraso das industrias militares, decidíronse pola innoción, mellorando as condicións materiais do exército. Deste xeito, Cecilio Bedia, que pertencía a unha arma de élite como era a artillería, conqueríu unha comisión de servicio na fábrica de Artillería de Trubia, coa finalidade de prepararse no coñecimento dos detalles de fabricación, probas e recoñecementos de material de campaña, os seus proxectís e vainas metálicas. Unha vez rematada a devandita comisión de servicio, foille concedida outra por tempo indefinido para Altos Fornos de Bilbao, co fin de inspeccionar a fusión e forxa de elementos pedidos pola Sociedade Española de Construcción Naval a Altos Fornos para o material de Artillería contratado polo Estado. En 1916 foille otorgada unha nova comisión de servicio por tempo indefinido en Ferrol, co obxecto de inspeccionar nos talleres da Sociedade Española de Construccións Navais, a construcción de cureñas e armóns do material de campaña, contratado na mesma. Posteriormente, Cecilio Bedia foi comisionado, xunto co Capitán do 2º Reximento de Artillería de Montaña, José Manrique de Lara, para estudar o posible apoio que pudiera prestar a industria privada á Militar, nas provincias de Burgos, Santander e Palencia. Durante os anos 1917-18, Bedia, seguiría desempeñando os seus cometidos militares como Maior, ao tempo que volvía a ser comisionado para investigar a producción de ferromanganeso, nas fábricas de Altos Fornos de Baracaldo e Sestao. As visistas aos establecementos fabrís do norte terían continuidade, para investigar a producción de ácido sulfúrico e nítrico, en Galdácano, Establecimentos da Unión Cerrajera, Mondragón e Vergara. En 1919 foi destinado á Fabrica de Trubia, encarregándose da xefatura da 1ª sección de talleres do establecemento. Nesa estadía foi designado para desempeñar unha comisión de servicio en Madrid, para amañar o Regulamento de Contabilidade, ascendendo a tenente coronel en agosto do mesmo ano. Co novo ascenso Bedia acadou un novo destino na Fábrica de pólvoras de Murcia, ocupándose da xefatura do detal e do 1º grupo de talleres. Aquí tamén alternaría este traballo coa comisión de estudo do Regulamento de Contabilidade, radicado en Madrid, ou desempeñando a dirección accidental da fábrica. Durante a súa estadía en Murcia, Cecilio Bedia, recibiu a felicitación da Sección de Artillería do Ministerio da Guerra pola súa aportación na elaboración do primeiro lote de pólvora tubular, así como polo éxito acadado nas probas de fabricación de ácido nítrico. 3.2. BEDIA CABALLERIA E A DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA(1923-1930 ) A principios de 1923, Bedia Caballería foi destinado a Segovia para continuar a restauración das instalacións artilleiras e a conservación do alcazar da cidade. Un ano despois, coincidindo coa Dictadura de Primo de Rivera, o viveirés incorporouse á Fábrica Nacional de Armas de Toledo, facéndose cárrego da xefatura de detal até que, a principios de 1926, sería designado, en comisión de servicio, para formar parte da comisión de inspección, que realizarían as tropas de todos os servicios de todos os servicios de Artillería do Protectorado, en África, baixo o mando do xeneral xefe de scción de Artillería, Alfredo Correa. Unha vez rematado este servicio, a mesma comisión tamén xiraría unha visita ás duas fábricas Nacionais e Maestranza de Sevilla, dependentes de Artillería, así como ás fábricas de pólvora e explosivos de Granada e Murcia. En xaneiro de 1926, Cecilio Bedia ascendeu por antigüidade a coronel de Artillería, feito que cumpre clarexar debidamente, pois a Arma de Artillería tiña unha escala pechada, dado que os seus membros chegaran ao compromiso de honor de non aceptar ascensos por méritos de guerra. Algo que os diferenciaba aínda máis, dos militares da arma de infantería, onde un destacado grupo de “africanistas” como Millán Astray e Franco, entre outros, fixeran carreiras militares meteóricas, a base de reprimir ás “kabilas”. Co ascenso a coronel, Bedia Caballería regresou a Galicia facéndose cárrego do mando do 15º Reximento de Artillería Lixeira, con sé en Pontevedra. Aquí xurdirán os primeiros encontronazos entre o noso protagonista e o dictador Primo de Reivera, que estaba especialmente molesto coa oposición que exercían os membros da Arma de Artillería ante as súas arbitrariedades. Axiña se producirían toda unha serie de asonadas en Valencia e Ciudad Real, extendéndose as protestas a toda a arma, feitos que levaron ao dictador a exercer todo tipo de medidas represivas contra os componentes de artillería, entre os que ocupaba un lugar destacado o xeneral Bedia. O enfrontamento custoulle ao viveirés a suspensión de emprego e soldo, e, finalmente, prisión no forte de San Cristóbal, en Pamplona. Durante o seu cautiverio que durou dende setembro a principios de decembro, a mutualista Sociedad de Obreros de Viveiro, non se esqueceu de Cecilio Bedia, como contaba o semanario local La Voz del Pueblo(3-X-1926): “La benemérita Sociedad de Obreros de esta ciudad se ha dirigido telegráficamente al Excmo. Sr. Presidente del Consejo de Ministros pidiendo clemencia en su infortunio militar, para el distinguido hijo de Vivero D. Cecilio de Bedia, ilustre Coronel de Artillería recluido en prisiones militares y separado del Ejército; hijo del difunto benefactor de este distrito, de grata recordación, Ilmo. Sr. D. Urbano de Bedia y Cora, tan respetado en esta provincia por sus talentos políticos y su espíritu servicial.” A represión exercida sobre os artilleiros deu lugar a múltiples protestas, que motivaron a promulgación dun Real Decreto(9-XII-1926), polo que se alzaba a suspensión de “empleo, fuero, atribuciones, uso de uniforme y sueldo” a todos os xefes e oficiais de Artillería que foran represaliados. Logo desta amnistía, as presións exercidas tanto por Primo de Rivera como polo Marqués de Tetúan, que era o ministro da guerra, fixéronse cada vez máis intensas, coa finalidade de conquerir o pase á reserva de Cecilio Bedia, ao que consideraban como un dos máis caracterizados inimigos. Ante as reiteradas negativas de Bedia para pasar á reserva, o goberno primoriveirista decretou o seu retiro obrigatorio no Parque de Artillería da 6ª Rexión Militar. Nesta situación continuaría o coronel Bedia Caballería até que despois da caída do dictador, en 1930, como recoñecemento da súa integridade, competencia e civismo, foi reintegrado ao servicio activo. O novo destino de Cecilio Bedia será Oviedo, onde desempeñará a dirección da Fábrica de Armas e o cárrego provisorio de Gobernador Militar. Ascendido a Xeneral de Brigada por antigüidade, Bedia aínda desempeñaría accidentalmente a Capitanía Xeral da 8ª Rexión militar, con sé na Coruña e a Comandancia Xeral de Artillería, pasando á reserva con residencia na 1ª Rexión militar, en Madrid. 3.3. O XENERAL BEDIA DURANTE A 2ª REPÚBLICA. En situación de reserva sorprendeu a Bedia Caballería á proclamación da República en abril de 1931, Axiña o xeneral fixo fervorosa promesa de Adhesión e fidelidade ao novo réxime, sendo totalmente consecuente coa súa tradicional subordinación aos poderes civís lexitimamente establecidos. Co pase do xeneral Sanjurjo á Dirección Xeral de Carabineiros, ficou vacante a da Garda Civil. Entón, o ministro da guerra, Manuel Azaña, nomeou para dito cárrego ao tamén xeneral Cecilio Bedia. A raíz do nomeamento, o Concello de Viveiro acordou dirixirlle unha garimosa felicitación: “La Corporación acuerda por unanimidad
dirigir atento telegrama de felicitación al hijo de esta ciudad Don
Cecilio Bedia y Caballería, por su reciente nombramiento para el cargo
de Inspector General de la Guardia civil”(2)
Bedia Caballería gozou sempre da confianza de Azaña, que nas súas memorias o definiu do seguinte xeito: “Bedia no es un político, pero es leal a la República, inteligente y pulquérrimo”. O que non soubo nunca Manuel Azaña foi que o respeto absoluto de Bedia aos valores democráticos, á separación de poderes e o profundo senso cívico que sempre manifestou, proviñan da influencia que sobre del exercera, dende neno, o seu tío, o tamén viveirés Andrés de la Caballería, vello líder do republicanismo mariñán, durante a 1ª República, como xa vimos. Sen dúbida, o fidel cumplimento do deber e a constante integridade amosada até o seu retiro en 1936, fixeron posible a súa permanencia en postos de tanta responsabilidade. 4. BEDIA E A CONSTRUCCIÓN DO NOVO CUARTEL DA GUARDIA CIVIL EN VIVEIRO. Sen dúbida, unha das obras máis importantes das realizadas durante a 2ª República en Viveiro foi a construcción da nova casa cuartel, no barrio da Misericordia. O Instituto armado non disponía de edificio propio en Viveiro e, dende a súa implantación polo Duque de Ahumada, en 1.844, a garda civil da localidade pasara dende aloxarse temporalmente en vivendas paticulares até distintos locais que non sempre reunían as condicións necesarias para albergar ás familias dos gardas. Á altura de abril de 1931, no momento da proclamación republicana, a casa cuartel estaba situada no Valado(actual Rúa de Nicolás Cora, 16-18), nun vello caserón que ficara totalmente obsoleto. Daí a necesidade de construir un novo edificio, máis moderno e adaptado aos novos tempos. O lugar elexido para a nova construcción foi no barrio da Misericordia, onde se dispuña de suficentes terreos gañados ás antigas marismas. Iniciados os trámites e conquerida a súa aprobación, a obra realizaríase máis lentamente do previsto, xa que a recesión económica, producida polo crac do 29, influiría moi negativamente na economía mundial e española, retrasando ou mesmo paralizando grande cantidade de obras públicas. A pobreza presupostaria do instituto armado nestes anos era certamente grande, chegando a tal extremo que, incluso despois do cambio de réxime, o capitán do posto viveirés, tivo que dirixirse ao Concello de Viveiro manifestando que: “(...)en el Cuartel de Vivero no podían
izar el Pabellón Nacional en los días o solemnidades indicados para
ello por el Gobierno de la República, como sería su deseo, porque el
Instituto no tenía fondos para la adquisición de una bandera y como en
otros pueblos lo habían hecho, le rogaba que expusiera a la Corporación
su deseo de que acordara contribuir para la adquisición de una bandera
para dicho Cuartel a fin de que en los actos que en los edificios públicos
ondee el Pabellón Nacional pueda hacerse también en dicho Cuartel”. (3) Finalmente a Corporación, en sesión do 4 de xuño de 1932, logo de deliberar convintemente sobre o asunto, acordou: “(...) contribuir para la adquisición de dicha bandera y que por la presidencia se invite a los demás Ayuntamientos que forman parte de la demarcación, o sean el de Orol, Riobarba y Jove para que contribuyancon la cantidad que acuerden a dicho fin” O acto de entrega da bandeira republicana tivo lugar o día 17 de agosto de 1932, na rúa do Valado, diante do cuartel vello. Para darlle maior realce á celebración, fíxose coincidir esta coas festas de agosto, concurrindo o alcalde Eugenio Pérez Abadín, a maioría dos concelleiros, o axudante de Marina e diversas personalidades, actuando como madriña a xove Pilar Díaz Ortega. Feito, este último, que orixinaría unha fonda polémica entre os representantes da Organización Republicana Gallega Autónoma(ORGA) e os concelleiros da minoría socialista, que consideraron unha ofensa a presencia de Pilar Díaz no acto de entrega, calificandoa de monárquica, pola súa destacada intervención na manifestación de mulleres que repuxeran, á forza, os crucifixos nas Escolas da vila, logo da súa retirada por mor das disposicións laicistas do novo réxime. Aínda que non coñecemos as motivacións polas que resultou elexida Pilar Díaz para exercer de madriña no acto de entrega da bandeira, creemos que influiría moito, o seu parentesco co xeneral Bedia e os Villar Ponte. Será a partir de 1933, cando o concello de Viveiro, presidido provisoriamente polo ex socialista Oroza Casas, solicite a construcción dun novo cuartel, como podemos comprobar a través das Actas, da Sesión municipal do día 2 de setembro: “La presidencia da cuenta de que tanto la Guardia civil de Infantería como la de Caballería residente en esta ciudad se halla instalada en casas inadecuadas por sus malas condiciones higiénicao-sanitarias y de poca capacidad, por lo que se viene sintiendo cada vez más la necesidad de construir una Casa-Cuartel para la Guardia civil a tal efecto propone que se solicite del Estado, ofreciendo el Ayuntamiento solar adecuado y saneado ya que no está en sus posibilidades económicas el prestar mayor concurso. Logo de debatida amplamente a proposta da alcaldía, os concelleiros que recoñecían a necesidade urxente dunha casa-cuartel, acordaron: “(...) ofrecer gratuitamente al Estado un solar saneado, tan amplio y capaz como se crea necesario, en el punto de la Misericordia, margen derecho de la carretera de Vivero a Linares, Hm. 8, por ser el lugar más despejado y de reconocida salubridad de esta población”(4) Sesión Municipal do 2 de setembro de 1933. Supletoria da Ordinaria do 31 de agosto. Como unha parte dos solares ofrecidos non eran propiedade municipal, senón que pertencían a José Barro, que os adquirira, en 1925, ao Concello, a corporación municipal de Viveiro en sesión extraordinaria(1-XII-1933), acordou facer as xestións necesarias con Barro para mercarlle 35 metros. lineais polo fronte da estrada Viveiro-Ferrol, co seu fondo correspondente, polo importe de 2.284,86 ptas., máis intereses mentres non se pagase o total da venda. Gracias a mediación directa de Bedia e co compromiso de venda dos terreos por José Barro, iniciáronse as obras de construcción da nova Casa-cuartel, incluso antes de que o concello de Viveiro fixera cesión dos solares ao Ministerio da Gobernación. O motivo principal para adiantar as obras, o máximo posible, era intentar remediar a fonda crise económica e o paro obreiro existente naquelas datas. Os trámites de cesión de terrenos iniciáronse logo da celebración da Sesión municipal do 18 de setembro de 1934, na que o alcalde José Santiago informara da chegada dun oficio enviado polo primeiro xefe da Comandancia da Garda civil da provincia, participando as ordes de Cecilio Bedia, Inspector Xefe da Garda civil: “(...) para que puedan proseguir las obras proyectadas en esta ciudad se precisa que con toda urgencia se formule por la Corporación, como concesionario, escritura notarial y se remita copia después de registrada en el de la Propiedad, en la que conste ser cedido el terreno libre de toda carga o impuesto al Ministerio de la Gobernación para construir el cuartel para la Guardia civil”. Pese ao interese do Concello en cumplir con todo o estipulado, José Barro non efectuou a entrega ao Estado do seu solar, nas condicións acordadas, ao esixir outras novas. Por iste motivo, os representantes municipais, decidiron deixar sen efecto a obriga contraida con Barro, suspendendo calquer acción até desplazarse a Madrid unha comisión, organizada polo alcalde, coa finalidade de entrevistarse co inspector xeral da Garda civil. Á volta de Madrid a corporación municipal otorgoulle ao alcalde “un amplio voto de confianza” para negociar con Barro, quen, por fin, cedeu o solar, coa condición de que na escritura notarial figurase, a cesión de xeito gratuito, cando realmente recibira polo mesmo a cantidade de 2.284,86 ptas., como tiñan acordado inicialmente. O diñeiro foille entregado a J. Barro polo concello, logo de terse realizado unha suscripción popular, á que contribuiu de xeito moi especial a “Unión de Fabricantes” de Celeiro.
5. A HOMENAXE DOS VIVEIRESES AO XENERAL BEDIA. Como vimos, debido ás obras de construcción do novo Cuartel de Viveiro, fixéranse moi frecuentes os contactos entre a Corporación municipal e o xeneral Bedia. Por este motivo, durante o verán de 1935, estando xa próximas ao remate as obras do acuartelamento e aproveitando a estadía da familia Bedia, que pasaba a tempada estival na localidade, a Corporación viveiresa, presidida polo alcalde José Santiago Seijo, propúxose rendirlle unha homenaxe popular a Cecilio Bedia. A homenaxe concretouse na Sesión ordinaria celebrada o día 4 de agosto, acordándose cambiar o nome da Praza da Constitución polo de “Plaza de Cecilio Bedia”, ao tempo que se colocaría unha lápida de mármore na fachada da casa número 6, onde nacera o homenaxeado. O mesmo día da homenaxe, o Concello en corporación, visitaría a Bedia “como muestra de gratitud por los servicios prestados”, facéndolle entrega dun pergamiño, nomeándoo Fillo Predilecto de Viveiro. Axiña, o alcalde J. Santiago, púxose en contacto co xeneral Bedia, para comunicarlle os acordos tomados, así como a pronta celebración da homenaxe. Mentres tanto, o cronista oficial, Jesús Noya González, remitiu ao Concello unha carta, datada o 21 de agosto, solicitando o mantemento do nome da Praza da Constitución, que era como se coñecía tradicionalmente á Praza Maior : por
ser a súa “denominación constante y secular, sin que en tiempo
alguno con nombre particular, aún de los más preclaros, fuese
designada”.(5) En troques, Noya González, suxería que se rotulase coa denominación de Avda. de Cecilio Bedia, á estrada que ía dende o Ecce Homo até o final do novo cuartel, no barrio da Misericordia. Proposta que foi aceptada polo Concello, en sesión ordinaria do 25 de agosto, co único voto en contra do concelleiro José A. Pardo Ramos, por entender que non debería reponerse o primeiro acordo. Nesta mesma sesión fixouse a data da homenaxe a Cecilio Bedia, para o día 2 de setembro, acordándose tamén que fora a banda municipal, dirixida por Hixinio Cambeses, a encarregada de amenizar os actos. Cecilio Bedia, que estaba xa de vacacións en Viveiro, remitiulle ao alcalde J. Santiago, unha carta de agradecemento, que polo seu interese imos reproducir integramente: “Con la más grata emoción, recibo el comunicado de V.s., en el que se me participa el acuerdo de la Excma. Corporación que preside de tributarme un homenaje consistente en la entrega de un pergamino, colocación de una lápida en la casa en que nací y dar mi nombre a la avenida en donde se alza el cuartel de la Guardia civil. Tratárase de un acuerdo cualquiera de ese Excmo. Ayuntamiento, por insignificante que fuera con relación a mi persona y me consideraría muy honrado, pero por su comunicación veo que es algo transcendental que los pueblos suelen reservar para sus hijos destacados, para sus hijos predilectos y yo he de confesar que no tengo méritos suficientes para figurar entre la pléyade de ilustres hijos de Vivero que en las Armas, la Política, la Judicatura, el estudio de Ciencias y Letras y hasta con su Filantropía dieron y legaron honra y prez a este pueblo siglo tras siglo. Al aceptar pues tan preciado e insospechado galardón por mis servicios a favor del pueblo de Vivero, contraigo la obligación de merecerlos correspondiendo al acuerdo de la Excma. Corporación y deseo del pueblo de Vivero con gratitud, afecto y cariño hacia el mismo y con mi labor y trabajo en pro de sus ideales que con ansia deseo ver realizados. Reciba V.S. Señor Alcalde el testimonio de mi consideración más distinguida. Vivero, 29 de Agosto de 1935. Cecilio Bedia A celebración da homenaxe popular a Bedia, fixárase, como dixemos, para o luns, día 2 de setembro, anunciándose a través da prensa local e provincial, co obxecto de conquerir a maior participación posible. Os organizadores puxeron a disposición dos participantes, un servicio especial de autobuses, coa finalidade de facilitar a asistencia ao banquete, que se celebrou no Parque Salón de Covas. Dado o interese histórico do acto, así como a participación que nel tiveron destacadas figuras do ámbito socio-político republicano, como Santiago Casares Quiroga ou os irmáns Villar Ponte, entre outros, consideramos oportuno reproducir íntegramente a crónica que da homenaxe, realizou o xornal lugués “Alborada” : “Gran jornada popular y ejemplar, en que un pueblo se reune en torno a una figura que al destacarse con propio perfil y propio mérito, tiene para su tierra la atención constante y cálida. Así ha sido y solo así el significado de los actos del día 2, gratitud y ejemplaridad. Lección magnífica para los que vengan y estímulo para los que son. Que cuando el mérito es mérito se proyecta en desinterés. Dos actos –uno oficial y popular, otro, popular y popular- fueron la expresión de un homenaje cuya idea, sentida en todos, tuvo feliz desarrollo y remate brillante. Consistió el primero, a cargo de la Corporación municipal, en descubrir en la casa natal del ilustre vivariense una lápida conmemorativa. A las doce el descubrimiento. Primero, recepción en el domicilio del señor Bedia, ofrecimiento por parte del alcalde y contestación del homenajeado; luego, el descubrimiento solemne de la lápida y exaltación de la personalidad del señor Bedia, que el pueblo subraya con aplausos cálidos que se reproducen al salir el señor Bedia. El acto oficial, por la espontaneidad que le caracterizó, ha demostrado que cuando un homenaje se rinde en altos merecimientos tiene el relieve debido. El banquete popular se celebró en el parque Salón de Covas con la plenitud que era de esperar. Doscientos comensales entre los que sobresalían las representaciones auténticas y destacadas se congregaron en torno al ilustre hijo de Vivero. En acertada disposición y al centro de la mesa presidencial en la que sentaron a la derecha del General Bedia, al alcalde don José Santiago, ex ministro señor Casares Quiroga, don Carlos Parga, don Balbino Cerdeiras, y don Fermín G..Prieto y a su izquierda, don Jesús Noya, juez de instrucción, don Julio Murias, don R. Villar Ponte, don Salvador Pérez Labarta, don Fernando de Bedia, don José Casariego y el ex Juez de Vivero señor García gómez. A la terminación, el señor Pérez Labarta dio lectura de las adhesiones recibidas que eran Presidente de la República, gobernador civil, subsecretario Obras públicas, señor Becerra, Ayuntamiento de Burgos, ex ministro señor Hidalgo, Fernández Mato, ayudantes del General señor Castro y Bustos y señores Palacios Carretero, Díaz Ponte, Taladrid, Otero, Orosa y otros. En nombre de la comisión el señor Noya González ofreció el acto. Destacó primeramente que su significado es la gratitud popular y marca en bello párrafo literario el relieve del ilustre vivariense, digno continuador de aquellos intrépidos soldados vivarienses que hicieron tema y deseo de su alta bizarría. El Señor Noya, que lee una magnífica pieza literaria en la que revela una vez más su erudición, tiene un recuerdo para las glorias de Vivero que la historia registra y que son –dice el orador-la Hermandad de la Cruz como símbolo perpetuo de la justicia y del derecho con la fuerza a su servicio. El señor Noya terminó dedicando el homenaje popular de afecto y gratitud al señor Bedia. El alcalde, señor Santiago, en nombre de
la Corporación municipal expresa la adhesión oficial al acto. Encomia
la figura del homenajeado, a cuya gestión debe Vivero importantes
mejoras y le ruega que siga proyectando sobre su pueblo su cariño e
interés.(6) Despois
da homenaxe, Bedia Caballería, aínda continuaría co seu compromiso a
prol do remate definitivo das obras do cuartel, que se paralizaran por
falla de novas subvencións, como podemos comprobar a través da
seguinte nova de “Alborada”: “Según comunica el ilustre vivariense, General Bedia a la Asociación de Comerciantes e Industriales, en breve serán reanudadas las obras de edificación del nuevo cuartel de la Guardia civil, a cuyo efecto se han librado los correspondientes créditos. En igual sentido el General Bedia se ha
dirigido a la Alcaldía”.(7) Unha vez rematadas as obras do cuartel, coincidindo co goberno municipal dos componentes da Fronte Popular, trasladouse a Madrid unha comisión de concelleiros viveireses para facerlle entrega a Cecilio Bedia do nomeamento de Fillo Predilecto: “De Madrid, a donde fueron para hacer
entrega al distinguido vivariense Sr. Bedia del artístico pergamino con
su nombramiento de Hijo predilecto de esta ciudad, a la vez que
gestionar varias mejoras para el pueblo regresaron el primer Teniente de
Alcalde D. Javier Soto Valenzuela, el concejal D. Ángel Fraga Orosa y
el culto joven vivariense D. Juan José Plá Fernández”. (8) 6. GUERRA, EXILIO E MORTE DE
CECILIO BEDIA. Cando o 18 de xullo de 1936 estalou o alzamento militar contra a República, Bedia, que xa estaba na reserva, púxose de inmediato a disposición do réxime republicano, ocupándose da Xefatura da Sección Motorizada do Concello de Madrid e posteriormente doutras responsabilidades, entre elas a Inspección Xeral de Industrias Militares, onde xogou un rol moi destacado. Ao producirse o final da guerra civil pasou a Francia en 1939, onde recibiu diversos ofrecimentos e garantías para que regresase a España, ofrecimentos aos que renunciou pola súa fidelidade ao goberno democrático republicano. Cara a 1942, en plena guerra europea, tratou de embarcar rumbo a México e despois a Chile, desde onde o reclamaba o propio presidente do estado chileno Juan Antonio Ríos, que solicitaba os seus servicios. Sen embargo, o mariscal Petain, xefe do goberno francés de Vichy, colaborador dos nazis, opúxose sempre a partida do xeneral Bedia. Unha vez liberada Francia, Cecilio Bedia logrou chegar a Buenos Aires coa sua familia. Alí seguirá fidel á República, finando o 18 de maio de 1953. A súa morte foi recollida pola prensa bonaerense, segundo conta Alberto Vilanova, deste xeito tan sinxelo como honorable: “Ha muerto Bedia Caballería, modelo
acabado de rectitud, lealtad, nobleza y patriotismo” (9). CARLOS NUEVO CAL (Presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro) C
I T A S: (1)
Fernández Santander, Carlos: Alzamiento y Guerra Civil en
Galicia(1936-39). Edics.
do Castro, 2000. El exilio gallego de la guerra civil. Edics. do Castro,2003. (2) Actas do Concello. Sesión Ordinaria, 1-IX-1932. Presidencia de Castelo Prieto. (3) Actas do Concello. Sesión Ordinaria, 4-VII-1932. (4) Actas do Concello. Sesión Municipal, 2-IX-1933. Supletoria da Ordinaria do 31 de Agosto. (5) Carta manuscrita de Jesús Noya González, cronista de Viveiro(21-VIII-1935).Carpeta de H. y M., tomo 1. Concello de Viveiro. (6) Alborada, Lugo, 4-IX-1935. (7) Alborada, Lugo, 15-XI-1935. (8) Heraldo de Vivero, 18-VII-1936; nº 1271. Alberto Vilanova Rodríguez: Los Gallegos en la Argentina, Tomo II, páxs.:1348-1351. Expedente militar de Cecilio Bedia Caballería. Arquivo General Militar de Segovia. |