|
PRESENZA
VIVEIRESA NO XORNAL LUGUÉS A MONTEIRA (1889-1890) por Emílio Xosé Ínsua |
|
O
5 de outubro de 1889 saía por primeira vez á rúa en Lugo un “Somanario
de Intreses Rexionales e Literatura” intitulado A Monteira.
O nome, curioso, facía referencia á prenda de roupa que os nosos
devanceiros labregos usaban para cubrir a cabeza, antes de que se
popularizase o uso da boina. Promovían
A Monteira dous persoeiros: Manuel Pardo Becerra, destacado
apoloxeta da lingua galega, e Amador Montenegro Saavedra (1864-1932). Este
último, de orixes compostelanas, foi estudante de Dereito en Santiago e
Valladolid. Publicou diversas obras como Muxenas (1888, con prólogo
de Pérez Ballesteros), Fábulas e epigramas (1892) e Fábulas
galaico-castellanas (1917). Ademais, resultou o primeiro membro da
Academia Galega que empregou o noso idioma para pronunciar o seu
discurso de ingreso, sob o título de “Alma d’a poesía galega”
(1909), sendo respostado polo médico e poeta santiagués Xoán Barcia
Caballero. De
A Monteira, que se editaba na imprenta de Gerardo Castro na
propia cidade das murallas, chegaron a saír un total de sesenta e cinco
números, o derradeiro con data de 27 de decembro de 1890. Saía con
oito páxinas e maquetábase a dúas columnas. A
presenza viveiresa neste semanario de orientación rexionalista, católica
e conservadora, escrito integralmente en galego, concretizouse en catro
vertentes: a) pola existencia de varios subscritores da publicación na
vila do Landrove; b) polo intercambio que A Monteira estableceu
con xornais viveireses, nomeadamente con El Eco de Vivero; c)
polas referencias a feitos, figuras ou acontecementos de diversa índole,
relacionados con Viveiro; d) pola aparición nas súas páxinas de dous
poemas de Alfredo García Dóriga. SUBSCRITORES
VIVEIRESES Son
varios, efectivamente, os subscritores do semanario rexionalista en
Viveiro, a xulgar polas notas de Administración que foron aparecendo
nos diferentes números. Ben é verdade que son citados só polas
iniciais, o que dificulta o seu recoñecemento. M.
C. P.; F. T. M.; B. L. (¿Benigno López, o viveirés fundador do xornal
La Opinión de Ortigueira?); B. L. M.; e G. T. M. son viveireses
que aparecen subscritos ao xornal A Monteira. M.
C. P. (¿un dos irmáns Castro Pita?) debeu de actuar como “axente”
do semanario na nosa vila, procurando e facendo novos asinantes. Cando
menos iso deducimos da seguinte nota, que apareceu no número 14 (4 de
xaneiro de 1890): “Recibida a súa libranza. Quedall’abonad’a
suscrición ôs qu’indica e moitas grácias” [Subliñado
noso]. Este M. C. P. renovaría a súa subscrición nun dos derradeiros
números do semanario (51, 19 de setembro de 1890). Poa
súa banda, G. T. M. [¿Tojo Mosquera?] mantivo a súa fidelidade ao
cabezallo lugués renovando subscrición no número 40 (5 de xullo de
1890). E dicimos que mantivo a súa fidelidade porque, polo que se
deduce, non sempre recibía puntualmente os exemplares. Con efecto, no número
47 (23 de agosto de 1890), a Administración do semanario indicáballe,
revelando a causa desa non recepción: “Remitíronsell’os númaros
que pidiu... As malas mañas d’os tempos de Mansi inda pasan pol-os
arcos d’o novo Direutor de correos”. RELACIONAMENTO
CON XORNAIS DE VIVEIRO Como
era costume na época entre os xornais con afinidades ideolóxicas e/ou
xeográficas, A Monteira estableceu desde o seu terceiro número
(19 de outubro de 1889) intercambio con El Eco de Vivero, periódico
fundado o 29 de xullo de 1888 por Teodoro Botino. Ese
intercambio deu paso, en ocasións, á mención, á glosa e mesmo á
reprodución parcial de traballos ou novas aparecidas no semanario
viveirés. Así, no seu número 17 (25 de xaneiro de 1890), o semanario
lugués incluía na súa sección “De todo un poco” o seguinte solto: “Según
nos conta El Eco de Vivero, os concexales d’aquel Auntamento soilo
asisten todos, ôs autos oficiales para que son chamados, o día d’a
Candelaria. Y-a razón
é valente qu’arde. Nin mais
nin menos que por coller unha vela. Ó
fin con pouco se contentan. E
teñen razón, afellas, Non
meterse mais que donde Lles
dan vela”. No
número 24 (15 de marzo de 1890), A Monteira agradece os eloxios
que lle tributa El Eco de Vivero con motivo da publicación por
parte do semanario lugués dun número extraordinario (nº 22, 1 de
marzo de 1890) dedicado á figura de Alfredo Brañas, líder da corrente
rexionalista católico-conservadora coa que ambos cabezallos de imprensa
simpatizan. Algunhas
semanas máis tarde (nº 33, 17 de maio de 1890), o semanario fundado
por Amador Montenegro e Manuel Pardo apostila do seguinte xeito,
novamente na sección “De todo un poco”, uns protestos de El Eco
de Vivero: “El
Eco de Vivero quéixase porque n-aquel macelo as reses que se matan
pró consumo d’o pobo, non son reconocidas nin siquera por un
curandeiro.
Pois
escusa de queixarse
O
colega de Viveiro. En
Lugo ô veterinario Non
lle dan maldito creto, E
si despois qu’o ensamina Di
que está mal un tenreiro, O
Alcalde diz: “está bon” Mátas’e
todos comemos ¿E
si todos reventamos? ¡Home,
quen se fixa n-eso!”.
Cando apareza no escenario xornalístico viveirés o cabezallo El
Vivariense, o día 8 de xuño de 1890, o semanario lugués que nos
ocupa acusará recepción unha semana despois (nº 37, 14 de xuño). NOVAS
E COMENTARIOS RELACIONADOS CON VIVEIRO Tamén
relacionados con Viveiro, como dixemos, aparecen en A Monteira
certos comentarios ou glosas. Así,
o saúdo que A Monteira envía no seu décimo número (7 de
decembro de 1889) aos responsábeis do semanario El Eco de Galicia,
de La Habana, órgano do Centro Galego desa capital, asinalando o
entusiasmo e patriotismo dos emigrados “n-a suscrición aberta pra
levantar unha estatua en Viveiro ô inmortal Pastor Díaz”. Tamén
relativo a ese cabezallo da emigración galega en Cuba é a glosa do seu
contido incluída no número 45 (9 de agosto de 1890), en que se fai
mención á presenza dun traballo “Desde Cervo (Vivero)”, asinado
polo correspondente (¿quen?) de El Eco de Galicia na localidade. No
número 22 (22 de febreiro de 1890), os redactores de A Monteira
búrlanse, en fin, dun artigo do diario herculino La Voz de Galicia
polo feito de dar como dato sobre a populación de Viveiro nesa altura a
un tanto desorbitada cifra de 13.000 habitantes... DOUS
POEMAS DE GARCÍA DÓRIGA Por
último, o escritor Alfredo García Dóriga (1849-1911) está presente
na colección de A Monteira con dous poemas en galego,
intitulados “As dúas pernas”, que apareceu no número 5 (2 de
novembro de 1889), e “A Virxen d’os Doores”, que o fixo no número
26 (29 de marzo de 1890), respectivamente. Ningún figura no volume póstumo
¡Fuego del alma...! (1911). O
primeiro deles, asinado en outubro de 1889, di así: AS
DÚAS PERNAS I Despois
de vinte anos longos Volvin
eu pra miña terra; y-alcontreime
c’un langrán n-a
porta d-unha taberna -
Con que volves á Galicia?... díxome -
Si, volvo, -
¡Leria! Porque
vés?
-Morreu
meu pai e
veño por unha herencia. Comeuch’a
cúrea -
Que dices? -¡Vaiche
bóa!... Taberneira vote
un neto
-
Votem’outro pra
que andemos en dúas pernas. II .......................... Sonche
cousas que che fan Os
homes cando lles peta, -
Que leven así meus cartos!... -
Queridiño!... ¡Quen poidera comer
bés d’outros, pois sábenche á
mel, natiña e manteiga! -
Que tal anda acó a
xusticia? -
Como sempre...
Taberneira Vote
un neto... -
Votem’outro pra
qu’andemos en dúas pernas. III. -
Ti un Río dos Foles
bebes Como
estades n’esta terra De
moral?...
-
¡Vaya, home, vaya! Ti
falas de cousas vellas!... -
E de relixión? -
Os homes Recórdanche
só na eirexa. -
Y-o meu pobo? -
Está xa cheo de
lampantís e de meigas. Nin
cabe unha agulla mais! -
Y-a libertá? -
Deixa, deixa, que
estás tolo... Taberneira Vote
un neto... -
Votem’outro pra
que andemos en dúas pernas. IV. -Bebe
viño
-
Bebe mais... ¡Que
ollos tes! -
¡E ti que orellas! -Non
cayas home...
- Non cayo… -¡Canto
falas!
-
¡Canto berras!... -Vote
un neto... votem’outro... -
Non
vote mais, taberneira, que
querendo andar en dúas, andamos
xa en catro pernas!!... Polo
que di ao poema “A Virxen d’os Doores”, asinado polo seu autor en
Viveiro, en1890, di así: A
VIRXEN D’OS DOORES
I. N-a
cárcel d’a vila, d’a noite sin lúa, soliña
no mundo, mirando pr’o ceo, con
frebe de morte... ¡Ay, Virxen amante!
¡Que
triste te vexo!...
cal
fillas postreiras
d’outono
marelo,
cal
frores que nascen
n-a
neve do inverno,
as túas espranzas
levounas
o vento!...
¿Quen
chanta nos doores
os
cravos de ferro?....
¿Quen
fixo as feridas
que
tes no teu peito?...
II. Con
ollos chorosos, sin
forza d’alento, con
cinza na y-alma e
con fel n-os beizos, con
bágoas de sangue, con
cravos d’aceiro, que
fenden’o coiro, tamén
eu me vexo! Xemidos
de morte salindo
d’o seo, esprito
engurrado cramores
no vento é
fogo de frebe tamén
eu che teño!... ¡Teu
fillo cadavre!... ¡Morreu
n-un madeiro!... ¡Ay
nai!... ¡Nai querida!... ¡Choremos!...
¡Choremos! III. N-a
terra houbo un pobo d’espiñas
cuberto, ferido
n-a testa, escravo
é sanguento, con
cord’o pescozo, de
farrapos cheo, que
quixo ser libre, mais
libre qu’o vento. -
¡Xusticia!... ¡Xusticia! cramaba
en deserto... Morreu
teu filliño por
darlle sosego. Mais
hoxe aquel pobo, n-a
veira do inferno, ¡ay!...
xa non rercorda nin
choros nin berros!... ¡E
tu tan soliña mirando
pr’o ceo!... ¡Ay
nai!... ¡Nai d’a y-alma!... ¡Que
triste te vexo! ¡Ay,
Virxen d‘os Doores! ¡Choremos!…¡Choremos!”
|