O ferrador de Galdo por José Manuel Moreno

  

Este traballo vén sendo unha especialidade do Ferreiro.

Nesta serie de fotografías vemos a colocación dun canelo,ferradura axeitada para as vacas e bois, nunha vaca. Primeiro, átase o animal nun potro que consiste nunha armazón feita con esteos verticais artellados con trabes. Nun dos lados vai un torno do que sae unha corda, neste caso unha cincha de coiro, que pasada por baixo do animal fai que o animal quede dependurada para que se poida ferrar de forma axeitada. Noutra fotografía vemos a bigornia, moi semellante á zafra dos ferreiros, coa ferramenta a empregar, a tenaz para descravar os cravos, o puxavante en forma de paleta, para recortar o que sobre dos cascos, o martelo para os cravos, a escofina para igualar ben a pranta do casco. Se sobresae un anaco de cravo rematase co rematador.

     Este oficio estáse a perder. As fotografías foron feitas o 6 de xullo de 1996 nesta Comarca de Viveiro.

 

Foto 1: Antón de Marcial, veciño de Galdo, levando a vaca ao potro.

 

Foto 2: A vaca suxeita no potro dependurada coa pata erguida e lista para ferrar.

Foto 3: As ferramentas na bigornia, cos canelos, martelo, rematador, cravos.

Foto 4: Antón despois de descravar o canelo vello limpa o casco co puxavante.

Foto 5: Colocando o canelo novo e dispoñendose a cravalo co martelo.

Foto 6: Traballo feito.