|
A Receita do mes
|
|
|
Pescada en Salsa Verde por Dolores Hermida Rodríguez Este plato típico da Costa Cantábrica, é moi sinxelo. Ingredientes: pescada fresca, o mellor é que sexa do pincho, cebola, allo, pirixel, fariña, aceite de oliva, viño branco e sal. Preparación: ponse nunha pota un bo chorro de aceite de oliva e cebola ben picada con sal e a lume lento ata que se poche. Ponse nun morteiro allo, pirixel e machácanse ben, engádese unha cullerada de fariña e un bo chorro de viño branco. Unha vez feita esta salsa, que debe quedar ben espesa, e cando se poñen os toros de pescada cortados grosos, esparexendo sal ao gusto, e que coza uns dez minutos movendo cada pouco a pota para que non se pegue ao fondo. Sérvese cunha pataca pelada cocida con sal e agua. Bo proveito.
|
|
|
Pescada en Salsa Verde |