UNHA ENTIDADE CON NOME PROPIO

 

            O Seminario de Estudos Terra de Viveiro nace no verán de 1994, por mor da iniciativa dun grupo de persoas comprometidas co seu pobo, para por en marcha unha entidade cívico-democrática que dinamizara a vida cultural da Terra de Viveiro.

 

            Logo de varias reunións nas que unha gran maioria dos presentes, amosaron a súa disposición para redactar uns Estatutos nos que tamén se incluiría ao Concello como coparticipe desta entidade, co obxecto de enriquecer o proxecto coa constitución dun Museo Comarcal, biblioteca de autores locais, hemeroteca, fonoteca, e arquivo de imaxen. E como queira que a Institución municipal, do momento, non concretou a súa participación, acordouse continuar coa proposta constitutiva sen contar coa colaboración oficial.

 

En agosto dese mesmo ano botou a andar o S.E.T.V. co obxectivo xeral de recuperar e promocionar todos os valores culturais do noso ricaz patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico, etnográfico, literario, etc, sempre sen ánimo de lucro.

 

Constitúese o colectivo con Carlos Nuevo Cal, mestre e historiador como presidente, Eugenio Baño, José Manuel Moreno e Emilio Ínsua como vicepresidentes, Fausto Galdo como coordinador de publicacións, así mesmo son membros fundadores: Xulio Villarino, José Luis Neira Brochs, Alfonso Otero Regal, Celso Cortiñas, Verónica López Prieto, Jaime Oroza, Xoán Neira, Balbina López, Vicente Míguez, Enrique Fdez Llano e Francisco Leal Ínsua, Ramón Pernas, Luis Dopico, Pedro Mayo Sampedro, Antonio Fdez Oca, Jesús Rodríguez Oural, Ricardo Timiraos, Antonio Fdez Parapar, Pablo Michelena, Mari Carmen Iglesias, Francisco Alonso Pino, Sonia Vispo, Pedro Freijanes, José María Cabarcos, Soledad Pérez Abadín, Anxo Bertolo, Francisco Galdo, Joel Ben, Juan Feal, Salomé Díaz e Marta Michelena.

 

Reunidos en asemblea ordinaria considerouse nomear presidente de honra por unanimidade a Don Lois Tobío Fernández, alentador desta idea na liña e semellanza do histórico Seminario de Estudos Galegos, do que el fora o derradeiro representante.

 

            Posteriormente o S.E.T.V. estructurouse en distintos departamentos de carácter multidisciplinar, nos que cada socio se inclúe segundo as súas preferencias e afeccións, aínda que pode colaborar en calqueira dos outros.

 

 

Agosto 1994 - Emilio Insua, Lois Tobio,  Isaac Díaz Pardo e Carlos Nuevo

Agosto 1995 - Primeira Bienal Maruja Mallo

Abril 1996 - Exposición ao aire libre na Praza Maior para reivindicar unha sà de exposicións

Marzo 1999 - Coloquio con Casares e Alcalá

Xullo 2003 - Constanza Tobio descubrindo a placa da fonte da Area, en presencia do alcalde Melchor Roel e de Miguel Tobio, o día do esparcemento das cinzas de Lois Tobio

Xullo e Agosto 2003 - Noites de Luz na Praciña da Herba