• 24/11/2004 O sábado 27 as 12:30 da mañá, no Centro Comarcal da Mariña Occidental presentarase a revista Ardentía. Participarán neste acto Oswaldo Davila, Xaquín Cuíña, Arturo Lameiro, Carlos Nuevo, Pablo Fernández Asensio. O acto está organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima Fluvial e o SETV, e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.

  • 06/05/2004 Estamos tan apretados xa, que nos custa escribir estas letras. Agardamos como auga de maio polos novos locais que o Concello nos ten prometidos no edificio do antigo ambulatorio, na Feira Vella, o que nos permitirá levar adiante moitas iniciativas que agora non podemos realizar por falla de espacio. A inauguración, prometémolo, será por todo o alto. 

  • 02/05/2004 A biblioteca do Seminario medra e medra. Gracias a donacións tan significativas como as de Francisco Leal Ínsua, Lois Tobío, Ediciós do Castro, e moitos socios como Antonio Fernández López, de Landrove, José Fernández Fernández, de Area, Antonio Balseiro “Colosía”, de Viveiro, a nosa biblioteca estase a converter nun dos mellores fondos especializados sobre Viveiro, que pode consultar calquer persoa.

  • 29/04/2204 Fotoxornalismo en Lugo é o título da exposición que se inaugurou hoxe na sala de exposicións de Caixa Galicia en Lugo, e que poderemos ver ata o próximo 30 de maio, con imaxes tomadas por fotoxornalistas que traballaron na nosa provincia, entre as que podemos ver algunhas de Viveiro e comarca.

  • 16/04/2004 O concelleiro de cultura Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, ven de anunciar que o Concello de Viveiro se encargará de realizar un congreso sobre Lois Tobío no ano 2006, coincidindo co centenario do seu nacemento. Afirmou igualmente que invitaría a todos os colectivos culturais da localidade. Queremos recordarlle o concelleiro que o SETV xa anunciara o día do esparcemento das cinzas de Lois Tobio no acto organizado por esta institución, no que o concelleiro estaba presente, que o Seminario tiña a maior predisposición para organizar o centenario do noso Presidente de Honra e membro fundador xunto co Concello, a Universidade de Santiago, a familia e outras personalidades destacadas do ámbito cultural galego. Polo tanto consideramos que este anuncio público debera realizarse cando menos despois de ter falado connosco previamente.

  • 06/02/2004 O concello de Viveiro coa colaboración do Departamento de Historia, capitaneado por Carlos Nuevo, elaborou os textos que figuran nas placas das rúas, igrexas, monumentos, fontes e portas do casco antigo da nosa cidade.

  • 10/01/2004 Péchase a exposición de fotografías antigas do Asilo Betania de Viveiro que durante un ano estivo aberta ó público no salón de actos da residencia, montada polo Departamento de arte do Seminario, coa colaboración do concello, e que foi visitada por centos de persoas.

 

 

 

 

 
  • Ovenres 26 de novembro, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello, debatirase a aprobación do convenio de colaboración entre o Seminario e o Concello, no que se estipula a cuantía anual coa que poderemos traballar a partir de agora, e no que tamén se fai referencia a un documento de cesión das instalacións que esperamos recibir en breve. Non te perdas este pleno que é histórico para o noso Seminario.
  • Necesitamos da tùa colaboración para que a biblioteca siga medrando. Si tes tantos libros que che estorban, ou repetidos ¡NORABOA!, na nosa-vosa biblioteca temos sitio dabondo para eles.
  • Camiña con nós. Si queres facer algunha das rutas que che propoñemos, ou explorar outras novas cun grupo, apúntate eiquí, ou pásate polo local.
  • O día vintedous de maio celébrase en Cedeira (A Coruña) a séptima edición dos Xogos Florais, no que participará o Departamento de Literatura do noso Seminario.