|
Programación de Primavera |
|
|
19
de
xuño ás 10:00 da maña na Praza de Lannion
Saída da primeira Ruta de Sendeirimo O sábado 19 de xuño ás 10 da mañán todas aquelas persoas que o desexen poder vir a facer a ruta dos muiños connosco. Sairemos da praza de Lannion acompañados dun guía que nos irá explicando pormenores da ruta. Aconséllase roupa cómoda e calzado de monte. |
| 29
de maio ás 21:00 horas no Teatro Pastor Dìaz
Proxección da película Hay Motivo Os cineastas reunironse para mostrar, cada un en tres minutos, o seu descontento co Gobierno do PP. O resultado é a película "Hay Motivo". David Trueba, Gracia Querejeta, José Luis Cuerda, Isabel Coixet, Icíar Bollaín, Víctor Manuel, Víctor García León, Imanol Uribe, Fernando Colomo, José Luis García Sánchez, Manuel Gómez Pereira, Julio Medem, Manuel Rivas, Vicente Aranda, Mariano Barroso o Antonio Betancor elexiron cada un de eles un tema que afecta á sociedade española para mostrar a sua visión crítica. Ou para facer o que Vicente Aranda definíu como "un particular spot publicitario de sus sentimientos". Temas como o Prestige, o problema vasco, as baixas pensións dos xubilados, a guerra de Irak, o asasinato do cámara José Couso, o abandono dos drogadictos afectados de sida, a manipulación informativa, o alto coste da vivenda, a violencia de xénero, ou os abusos sexuais contra a infancia son alguns dos asuntos que aborda 'Hay motivo', unha película que ten como logotipo un ovillo enredándose. |
| 29
de maio ás 12:00 da maña na Praza de Lannion
Percorrido literario polas rúas de Viveiro Lecturas de textos de autores viveirenses e galegos nos lugares máis significativos da vila de Viveiro. |
| 20 de maio
às 20:30 horas no salón de actos de Caixa Galicia
Presentación do libro de Hixinio Puentes, Os Naufraxios da Galicia Norte Neste libro o autor achéganos dun xeito ameno e pormenorizado unha moi valiosa información sobre os naufraxios ocorridos entre a Punta da Cruz de Ribadeo e a ría de Ares. Con fotografías, mapas e documentos de distinto tipo, describe os afundimentos de naves e embarcacións, relatándonos con todo luxo de detalles as impresionantes experiencias humanas vividas polos mariñeiros do litoral norte de Galicia, dándonos a coñecer unha parte fundamental da nosa historia. Presentarán o acto Vicente Míguez e Carlos Nuevo. |
| 17
de maio ás 20:30 no salón de actos do Casino de Viveiro
Charla coloquio sobre Xoquín Lorenzo “Xocas” Carlos Nuevo Cal disertará sobre a personaxe homenaxeada este ano con motivo do Día das Letras Galegas. Ademais da súa biografía falaranos sobre a vocación histórica, etnográfica e cultural deste grande investigador ourensá. |
| 15 de maio
ás 20:30 e ás 22:00 no Teatro Pastor Díaz
Cuarta edición de Noites de Luz O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado 15 de maio ás 20:00 e 22:00 horas o ciclo de proxeccións audiovisuais Noites de Luz, que conta como nas anteriores edicións co patrocinio do Concello de Viveiro e coa colaboración de Neg Micon Eólica e Futures Informática. Seguindo coa sua idea orixinal de acercar á Mariña o mellor da fotografía española contemporánea proxectarán os seguintes autores: Clemente Bernad Chiapas, AFP(equipo) Os atentados do 11-M, Juan Medina Onde morren os soños, Óscar Vázquez O circo chino Zensation, Mónica Ferreirós Bodas Xitanas, Guillermo Sotelo O reino de Siam, Javier Arcenillas O Islam, Xacobe Meléndrez Fassbender As Mans do Vento, Javier Teniente Revolta en Haiti, Diego Fernán Sobre o maltrato de xénero, Xulio Villarino Fame en Guatemala, Saúl Jiménez Moda, Jorge Lens Patio Interior, Xoán Soler, Sandra Alonso, Álvaro Ballesteros e Paco Rodríguez Compostela un ano de Voz, Carmen Secanella Os novos socios, José M. Moreno A Feira das Maulas e Matías Costa As portas de Europa. Coma sempre a entrada é libre e gratuita. |
| 23
de abril ás 20:30 no salón de actos Caixa Galicia de A Coruña
Charla coloquio sobre o libro O Primeiro Antón Villar Ponte Os autores Emilio Insua e Carlos Nuevo falarán sobre a relevancia da vida, obra e pensamento de Antón Villar Ponte. Acompañaran Teresa Villar Chao, sobriña de Antón e filla de Ramón Villar Ponte, César Pais, presidente da Asociación Comarcal Vivariense en Coruña e Melchor Roel Rivas, alcalde de Viveiro. |
| 29
de marzo ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz
Presentación de O libro da egoísta Yolanda Castaño presentará o seu novo poemario O libro da egoísta, editado por Galaxia, xa en segunda edición. Estará acompañada pola crítica literaria Teresa Seara, unha representante da editorial, e o membro do S.E.T.V. Xoán Neira. Complementará a presentación unha videoproxeción feita pola autora con diversos colaboradores. |