Ruta do Souto da Retorta (Eucaliptal de Chavín)


 

A ruta do Souto da Retorta empeza á carón da fábrica de Hidrofersa en Chavín, onde hay unha pequena fonte. Bordeando un muro alto de pedra que da à finca, chegamos ata a primeira ponte pequena sobre o canal, que cruzamos para coller o sendeiro, moi còmodo, á esquerda. Segue bordeando o canal, cruzando pequenas pontes, ata chegar a un cruce que facemos á dereita e que nos leva a un pequeno mirador sobre o Landro e ó máis visitado da ruta, o eucalipto abuelo. Seguimos de frente bordeando o río ata chegar a unha casiña branca que ten unha presa de un metro sobre o río, é a central hidroeléctrica. Cruzamos baixo un enorme tubo de ferro, deixandoa às nosas espaldas, e subimos por un carreiro estreito ata chegar ó canal, que seguimos à dereita camiñando sobre o borde de escaso medio metro. Si o canal trae abundante auga, veremos alí unha cascada moi bonita. A paisaxe é dun verde cegador. Logo de case un kilómetro atopamos á man dereita a Pena da Vella, inconfundible penedo de xigantescas dimensións. E logo de andar un treito máis, non moi longo aparece o Salto do Can, que xa atisbamos de antemán polo ruido que fai a auga ó caer da presa.