| Ruta de Monte Faro |
|
|
|
A ruta do Monte Faro parte do cruce coa carretera comarcal e a carretera de Area á altura do restaurante Nito. Baixa ata o paseo marítimo de Area, que debemos seguir ata o final, desviándose logo carretera arriba ata Aldea. Cruzamos polo medio das casas e baixamos ata a carretera que nos levará a San Xulián, que nos ofrece unha boa vista da illa de Area. Cruzamos San Xulián pola carretera e collemos o desvío á esquerda que nos leva en forte ascenso a Monte Faro, dende onde gozaremos dunha das mellores vistas non só da ría de Viveiro, senón tamén da costa de Xove e Vicedo. |