Ruta do Pozo da Ferida


 

A ruta arranca nunha pista forestal entre Reiberte e Valcarría Po. Despois de camiñar medio kilómetro atopámonos un cruce cunha cruz de cemento e debemos seguir recto, en paralelo ó regato, ata alcanzar a Ponte do Xudreiro. Chegados alí o camiño estreitase e a pendiente faise máis dura. Chega un punto no que de súpeto o sendeiro acaba por mor das obras dunha pista, que debemos coller á esquerda e seguir ata o alto, onde atoparemos unhas casas. Alí collemos o sendeiro da esquerda e seguimos recto, en forte baixada, ata chegar ó Pozo da Ferida, fervenza de 30 metros de altura, nunha paraxe espectacular.