Ruta de Monte Castelo


 

A ruta do Monte Castelo discorre toda por pistas forestais de terra que a fin nos permite ver o Val do Landro dende o alto. Saímos do cruce coa carretera da Gañidoira na Arredoada, seguindo a pista á dereita. A poucos metros pasamos ó lado dunha enorme rocha na beira do camiño. Seguimos ate chegar a unha area onde podemos coller auga na fonte e ahí o camiño empeza unha subida màis forte. Vai facendo zigzag ate cruzar polo medio dunhas rochas no alto, que mesmo ó cruzalas nos deixa ver unha panorámica distinta de Viveiro. Alí hay outra area recreativa con mesas e subindo un pouco maìs xa nos encontramos coa capela que è o final da ruta.