Ruta dos Muiños


 

A ruta dos Muiños parte das Aceñas de Xunqueira, xunto ó río Landro e discorre paralela á tapia do convento de Valdeflores para meterse logo polo medio das casas de Xunqueira xunto ó rego. Cruzamos a carretera de Lugo e entramos por unha pista asfaltada que ós douscentos metros deixamos para meternos xa de cheo nunha fermosa fraga chea de muiños. Ascendemos polo sendeiro ó lado do rio ata chegar a un muiño que se atopa nun val no alto. Logo collemos a pista da dereita e mesmo ó cruzar sobre o rio de novo collemos outra pista forestal de pendiente moi pronunciada á esquerda. Arriba no cruce atoparemos a Cruz da Rocha. Aqui collemos unha pista asfaltada que xa non abandoaremos ata chegar á Carreira.