| Ruta da Pena da Serra |
|
|
|
A ruta da Pena da Serra iniciamola no cruce do Alto da Paleira, e é ideal para facer en mountain bike. Os primeiros metros discorren por un camiño amplo co chan de herba, baixo un frondoso piñeiral que se abre a unha inmensa vista do val de Galdo, e a Pena da Serra. Un camiño moi verde vainos ir guiando pola ladera da montaña ata un cruce que debemos coller á esquerda para ver a mina de Abeledo, metida nunha pequena fraga, e que ten algúns túneles (é un sitio perigoso polo que hai que ir con coidado e non adentrarse nela). Logo subimos a un pequeno alto dende o que a vista sobre o val é fantástica. Voltamos sobre os nosos pasos ata o cruce baixo a Pena da Serra e desviámonos á esquerda ata chegar á fonte de Abeledo, que hoxe se atopa cuberta pola maleza, aínda que se oe o rumor da auga. A baixada a partires de eiquí é pronunciada e discorre polo medio dos eucaliptos. Chegamos finalmente a un grupo de casas que forman o núcleo de O Vilar, na parroquía de Galdo, onde remata a ruta. |