Ruta da Silvarosa


 

A ruta da Silvarosa temos que iniciala no lugar de A Tora, nas Pallaregas. Alí iniciamos o ascenso por unha pista de terra con pendiente moi pronunciada, ata chegar a unha bifurcación a un kilómetro aproximadamente(Cruce da Galiñeira). Collemos o camiño da dereita alfombrado de verde polo medio dos pinos, e adentramonos na fraga de Casabella, ata chegar, xa á saída da fraga, às ruinas dunha vivenda. Seguimos subindo polo camiño amplo sempre de frente e xa imos encontrar os primeiros restos da explotación mineira da Silvarosa. Logo no alto atopamos un grupo de casas que teñen a curiosidade de ter unha capela convertida en garaxe. Ò final das casas sin saìr pola cancela que alí hai, subimos à esquerda ata o repetidor de radio, bordeando a antiga canteira, que està valada por seguridade. Dende alì temos unha estupenda vista de Viveiro, Val do Landro, etc. Iniciamos a baixada ata chegar de novo ò Cruce da Galiñeira e de novo às Pallaregas. (Unha variante desta ruta podemos facela indo por Vieiro, mais esto obrigaranos a subir un largo percorrido por camiño asfaltado, aìnda que por contrapartida podemos ver unha zona da antiga mina, quizais a màis interesante, e que na ruta primeira, non vemos)